Tuesday 21 de May de 2024

Reunión do alcalde coa asociación Ambar


O alcalde Manuel Ruiz mantivo unha reunión cunha representación da xunta directiva da asociación Ambar na que tiveron oportunidade de analizar diversos temas de interese para o Concello e para esta asociación representativa das persoas con diversidade funcional.

No transcurso do encontro celebrado na Casa Consistorial, Ruiz Rivas informou aos membros da entidade de que este mesmo mes se vai comezar a traballar no Plan de Accesibilidade Municipal de Riveira e que ademais se vai incorporar á relación de ordenanzas do Concello unha nova dedicada á accesibilidade.

O rexedor municipal escoitou así mesmo ás inquedanzas e preocupacións do colectivo presidido por Antonio Nóvoa e comprometeuse a seguir mellorando a accesibilidade nos distintos núcleos e lugares das nove parroquias do municipio.